lunes 16 de febrero de 2009
Xesús Ferreiro non participará na Ulloa
O piloto melidense que ía estar na saída a bordo dun Porsche non tomará a saída no primeiro Rally do galego de Rallyes.
jueves 5 de febrero de 2009
lunes 2 de febrero de 2009
COMEZA A TEMPADA!!!
A tempada está a piques de comezar e en Melide o deporte do motor vai gañando cada vez máis adeptos.Se antes só Ferreiro e Anido eran os que tiraban deste deporte no concello, ultimamente xente nova, con gañas e con ilusión de debutar neste mundo do motor están movéndose para poder salir en cada rallye e poder disfrutar nos tramos.
Alberto Otero e Martín Segade continuarán loitando no Volante Racc, se ben este ano o 206 sufriu unha serie de cambios qe o farán moito máis competitivo.
Por outra parte Charly debutará como piloto a bordo do 205 que tan bos resultados tivo a primeiros do ano pasado e salirá acompañado a dereita de Jordan, esperemos que teñan sorte e que disfruten!!!
Delfino Ramos e Adrián Varela tamén estarán na saída deste rallye se non hai cambios de última hora e para elo emplearán un 205 que adquiriron recentemente.
Xesús Ferreiro tamén estará na saída neste Rallye da Ulloa facendo disfrutar a xente cas súas atravesadas e o seu bon facer como piloto.
Este rallye pasará a historía do motor en Melide.... 4 coches na saída dun Rallye!!
SORTE!
lunes 8 de diciembre de 2008
Slalom FIMO ( Ferrol)
Nas últimas actualizacións deixaba entrever que a tempada rematara pero a xente de Melide resístese a gardar os coches no garaxe.
Esta fin de semana Ferreiro, Anido e Roberto Lorenzo ( que estrenaba este fermoso bmw) deleitaban o público asistente que pese a choiva foi moi numeroso.
Os resultados son o de menos pero hai que destacar o 3º posto de Javier Anido dentro da súa categoría ( a falta de confirmación oficial).
Ahora si que creo que se pon fin a tempada pero prométense sorpresas..
¿ Cambios de proyectos ?
¿ Cambios de monturas ?
Toda a información de Melide e o motor, eiquí!!!
Foto cedida por Laura San Emeterio.
martes 25 de noviembre de 2008
Javier Anido e David Míguez no Shalymar!

Non todo podía ser gris na serra madrileña e este equipo formado polo melidense Javier Anido e mailo lalinense Davíz Míguez lograron estar á altura dun rallye tan esixente como é o Shalymar.
Houbo que acostumarse a correr de noite, a percorrer máis km do habitual e sobre todo a loitar cos problemas mecánicos xa que a primeira horas da mañá o Rs 2000 sufriu do lindo.
Despois dun gran traballo da asistencia que permitiu arranxar o vehículo outro novo contratempo: Ferreiro sufría problemas mecánicos e como bon equipo había que axudalo para que se proclamase campión polo que xa algo descentrados do meramente deportivo dedicaronse a rematar o rallye, que tal como estaban as cousas non era pouco.
Esperemos proximamente confirmar os novos programas deportivos dos equipos de Melide xa que a presente tempada xa baixou o telón.
ÁNIMO EQUIPO!
sábado 22 de noviembre de 2008
Trata de arrancalo Suso...trata de arrancalo...
Hoxe toca vivir un dia similar a aquel do 98, no que Luis Moya desesperado berráballe a Carlos Sainz que intentase arrancalo coche.
Nesta ocasión os protagonistas son da nosa terra e o vehículo o tan espectacular MkII que no porto de Canencia, en plena serra Madrileña quixo morrer.
Só quedaba un tramo, uns escasos 12km para volver a repetir o título de campión pero nese intre todo se esfumou.
Quizaís, se as cousas se fixeran como se deberon facer no que atinxe a federación ,este abandono sería unha mera anecdota pero un regulamento caprichoso e dende o meu punto de vista manipulado o antoxo dos manda mais da federación Española decidiu que Ferreiro non sería o campión.
Con este Rallye acabouse a tempada na que dende o meu punto de vista, os integrantes do equipo deberían de estar contentos co traballo realizado, porque un ano máis foron o centro de atención e a referencia para os seus contrincantes.
Non me podo esquecer de que Javier Anido copilotado por David Míguez realizaron un rallye impecable pese os problemas que sufriu o Rs 2000 nas especiais matutinas, pero este tema xa o tratarei nos vindeiros dias. Noraboa para eles.
Felicitar dende aquí tamén o balear Fernando Dameto polo seu título de campión de vehículos históricos e sobre todo polo detalle que me consta que tivo con Ferreiro no momento do podium.

martes 18 de noviembre de 2008
Melidenses no Slalom Pomóbil
O domingo 16 disputouse no recinto feiral de Pontevedra a III edición desta proba que organizada pola escudería Buxa Motor Poio é puntuable para o campionato galego de Slalom.
Desta vez, tanto Alberto Otero como Martín Segade participaban a bordo dun 205 Rallye có único obxetivo de divertirse e de deleitar o público asistente.
A falta de confirmación oficial Alberto acadou o 6º posto da clasificación xeral, mentres que Martín realizou un moi meritorio 16º posto, contando que o vehículo que emplearon non é o máis adecuado para este tipo de probas.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)